Aprender a tocar o ukelele ou gozar dos beneficios que a música achegas ás mulleres embarazadas e os seus futuros bebés, son dúas das novidades coas que arranca o novo curso nesta Escola de Música que reforzou as medidas sanitarias para cumprir o protocolo antiCovid. Máis de 200 alumnos poderán aprender música nun espazo seguro que está xa en marcha.
Toma de temperatura diaria, desinfección de mans con xel hidroalcholico e reducción no número de clases colectivas para respectar a distancia de 1,5 metros entre cada alumnos, así como desinfección e ventilación de aulas colectivas á saída de cada grupo, son algunhas das medidas que están xa a aplicar neste centro para garantir un espazo seguro a todo o alumnado.
Nenos e nenas pero tamén maiores que se achegan a algunha das 22 especialidades que se imparten na Escola e que dan tamén a posibilidade de formar parte dos grupos musicais cos que conta o centro: Banda de Música, grupo de Pandeiretas, gaita e diferentes grupos de cámara, todos eles co obxectivo de dar aos novos músicos unha formación encamiñada á posibilidade de tocar en grupo.
Para os máis pequenos, de 0 a 5 anos a escola imparte clases de Música e movemento, unha actividade que mediante xogos e mentres se divirten terán os seus primeiros contactos coa música, ademais de mellorar e favorece o desenvolvemento do seu sistema motriz e actividade cerebral, e a memoria, á vez fomentar a súa creatividade e imaxinación.
Como novidades da Escola de Música de Chapela comeza o novo curso incorporando unha nova especialidade de instrumento, o Ukelele, un instrumento de corda pulsada utilizado nas illas Hawai, Tahití e a illa de Pascua.
A outra novidade “Música non embarazo” está dirixida a futuras nais na cal estimularán a reacción dos seus bebés cos diferentes estilos de música.