As embarcacións de Chapela obtiveron onte dúas vitorias no Campionato de Galicia de Bateis, que se disputou na localidade da Pobra. Fixéronse coa primeira praza nas categorías alevín feminina e infantil masculina, e ademais acadaron dúas medallas de bronce, nos bateis femininos xuvenil e senior.
O club redondelán foi o que obtivo mellores resultados da ría de Vigo, cun total de catro metais. A primeira vitoria para o C.R. Chapela chegou na categoría alevín feminina, na que as pequenas de Redondela superaron a Cabo da Cruz por un segundo de vantaxe, e por dous a Mecos. Tamén obtiveron medalla de bronce as rapazas do batel xuvenil e as do sénior. Nas categorías masculinas, o triunfo de Chapela foi para o batel infantil, que superou por unha escasa marxe de 40 centésimas a Cabo da Cruz e, por segundo e medio, a Tirán Pereira, que foi terceiro. No campionato galego disputado onte, ademais de proclamarse os títulos autonómicos, tamén se repartiron os billetes para a proba estatal. Na Pobra clasificábanse os dous primeiros de cada categoría para o Campionato de España que se vai disputar esta fin de semana en Meira, Moaña. O club de Chapela ten xa dúas prazas aseguradas, pero é posible que esa participación se amplíe, xunto con outras de diferentes clubs galegos, en función das renuncias que se produzan nas federacións doutras comunidades autónomas que rexeiten desprazarse a Galicia. Os próximos días a Federación Española confirmará os participantes.
Categorías femeninas: Alevíns: 1. Chapela, 2.22:84; 2. Cabo Cruz, 2.23:90; 3. Mecos, 2.25:00. Infantil: 1. Amegrove, 4.41:32; 2 Samertolaméu, 4.41:62; 3. Cabo Cruz, 4.41:95. Cadetes: 1. Mecos, 7.09:89; 2. Riveira, 7.13:61; 3. Rianxo, 7.17:86. Xuvenís: 1. Tirán, 9.23:17; 2. Rianxo, 9.30:32; 3. Chapela, 9.31:43. Absolutas: 1. Riveira, 9.12:03; 2. Samertolaméu, 9.20:44; 3. Chapela, 9.20:74.
Categorías masculinas: Alevíns: 1. Rianxo, 2.18:27; 2. Muros, 2.18:52; 3. Pobra, 2.19:57. Infantil: 1. Chapela, 4.17:46; 2. Cabo Cruz, 4.17:86; 3. Tirán, 4.19:05. Cadetes: 1. Amegrove, 6.18:13; 2. Puebla, 6.25:27; 3. Cabo Cruz, 6.29:11. Xuvenís: 1. Mecos, 8.19:84; 2. Muros, 8.31:38; 3. Bueu, 8.33:52. Absolutos: 1. Bueu, 8.13:73; 2. Pobra, 8.25:13; 3. Muros, 8.26:79.