Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP denuncia que as axudas comprometidas no plan de reactivación para Redondela non chegaron á cidadanía

plan

Veciños, comerciantes e autónomos seguen esperando polas axudas que o goberno municipal anunciara dentro do seu “plan de reactivación local” e que debían contribuír a superar a crise causada polo coronavirus. Así o denuncian dende o PP quen engaden que todas as medidas divulgadas pola alcaldesa “quedaron unicamente en publicidade e non hai rastro de apoio a empresas e traballadores”. Instan a convocar de inmediato a Mesa de Reactivación Local e que se axilice a concesión de subvencións a familias e autónomos.

O grupo popular comprobou que “do 1.942.000€ que Digna Rivas comprometeu en dito plan, nada chegou á hostalaría, comercio de proximidade ou familias”. Especial fincapé fan nos máis de 173.000 euros que se anunciaran para poñer en marcha medidas para atraer a turistas, “nada hai sobre o programa de dinamización comercial nin sobre os planeados microeventos grastronómicos e deportivos”.

En canto ás empresas, aseguran que o goberno local non ten pagado nin unha soa subvención ao cento de autónomos que as solicitaron “a 95 delas se lles deu un prazo para subsanar erros burocráticos nas súas solicitudes e a 5 se lles indicou que deben esperar para cobrar a que se revisen todas as presentadas”.

Tampouco se terían atendido ás familias afectadas polo Covid-19 nin se teñen “xerado novos postos de traballo malia asegurar a alcaldesa que se contemplaban máis de 50 novas contratacións públicas”.

Critican ademais que o “Portal informativo da Covid” que se puxo en marcha na web do Concello se leve sen actualizar dende mediados de xuño, que as prazas sinalizadas como rotatorias nas proximidades da praza de Abasto non cumpriron o seu obxectivo e que se incluíse dende o Plan de Reactivación o gasto no reparto de alimentos recollido nun convenio con Cáritas.

O grupo municipal do PP propón que ante esta situación se convoque canto antes a mesa de Reactivación Local que non se reúne dende maio e que se axilice a aprobación das axudas solicitadas por familias en situación de especial gravidade así como o cento de subvencións presentadas por autónomos, ordenando o pago das mesmas a quen entregaron a súa solicitude en temo e forma real.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará