Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio cento de comercios ofrecen os seus produtos rebaixados nos Shopping Days

shopping

O mellor da feira de oportunidades e o mellor da shopping night danse cita nunha nova proposta comercial promovida dende a Asociación de Empresarios e o Concello, que buscan así fomentar a compra segura no comercio local e dar saída aos stocks con importantes descontos de ata o 70%. Medio cento de comercios súmanse a estes Shopping days que se van desenvolver o venres 9 e o sábado 10 e que teñen como novidade principal a proxección online, que permitirá aos clientes acceder aos descontos tamén a través da rede.

Julia Alonso, a técnica da Asociación de Empresarios fálanos da venta presencial e online que inclúe esta novidosa proposta comercial

Locais comerciais de moda, calzado, accesorios, pero tamén vehículos ou maquinaria agrícola ofertarán esta fin de semana os seu produtos con descontos especiais. Produtos de tempada con rebaixas dun 20% ata os 70% de desconto que podemos atopar na sección outlet.

Para fomentar o acceso dos clientes “dun xeito tranquilo e seguro” os locais que se suman a esta proposta da Asociación de Empresarios amplían o seu horario durante as dúas xornadas onde permanecerán abertos de xeito ininterrompido dende as dez da mañá ata as dez da noite. Aplícanse tamén as medidas habituais de seguridade con aforos limitados e uso de máscaras e hidroxeles, e as tendas adaptarán os espazos interiores con probadores co oportuno distanciamento e a desinfección das prendas cando así sexa pertinente.

Medio cento de comercios súmanse a esta inciativa conxunta de Concello e Asociación

O formato desta promoción está especialmente pensado para “tempos COVID” no que se combinará a venda presencial coa venda on line. A clientela poderá acceder a produtos e ofertas tamén dende a súa casa, ou calquera outro lugar, mercado ou reservando online, cunha duración máis prolongada, xa que se manterá activa ata o 20 de outubro na sección outlet.

O evento é organizado de forma conxunta pola Asociación de Empresarios e o Concello de Redondela e pretende dar unha resposta adaptada ao novo contexto xerado pola crise sanitaria, asumindo o Concello o peso económico da organización.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará