A montaxe protagonizada por Miguel Borines, Eduardo Rodríguez “Tatán” e Andrés Giraldez baixo a dirección de Evaristo Calvo poderase ver no Multiúsos da Xunqueira este venres ás 18.30 horas con entrada de balde. O aforo é limitado e compre retirar as invitacións previamente no propio auditorio.
Un espectáculo no que os actores protagonistas conseguen trasladar o espectador até a Prehistoria, cun humor que roza o absurdo, grazas a unha lograda ambientación, un vestiario impactante a cargo de Carlos Alonso e unha orixinal linguaxe.
Unha actividade organizada dende a Concellería de Cultura e orientada ao público familiar.