O Colectivo Republicano de Redondela convoca este sábado dúas protestas baixo o lema “Despois de aplaudir nos balcóns, toca defendela na rúa”. A primeira das concentracións será ás 11:30 horas no Centro de Saúde de Redondela e, xa pola tarde, está convocada a mesma protesta diante do centro de saúde de Chapela ás 19:30 horas.
“Defendemos unha sanidade pública, universal, gratuíta, de calidade e con control social” baixo esa premisa o Colectivo Republicano chama a cidadanía a se mobilizar este sábado en Redondela e Chapela “en contra das políticas sanitarias que está a desenvolver a Xunta de Galicia”.