O Rodosa Chapela sumou onte a vitoria no derbi do balonmán de Redondela, disputado no pavillón da Bomboneira ante SAR Plastic Omnium (21-24). Na División de Honra Prata Feminina derrota da SAR Rodavigo no pavillón do Sieiro, malia que as de “Chini” aguantaron o marcador case todo o partido.
Primeira Nacional
SAR Plastic Omnium 21-24 Rodosa Chapela
Grazas a este triunfo, o equipo dirixido por Fran Teixeira sitúase no liderado da categoría empatado a seis puntos co Lanzarote e o Calvo Xiria, de Carballo. O partido estivo marcado polo escaso número de goles, co Chapela sempre por diante no marcador. Ao descanso dominaba por 8-14 e, a pesar dos intentos da SAR, os locais só se situaron a tres goles nos minutos finais, pero puxéronlle as cousas compliacadas ao Rodosa. Os de Pablo Muílos son un do cinco equipos que aínda non puntuaron neste inicio de liga xunto a Luceros, Carballal, Tejina A Lagoa e Oar Coruña. E a próxima fin de semana os de Redondela teñen unha saída complicada, visitan a pista do Ampate Lanzarote, que comparte liderato co Chapela. Os de Teixeira reciben no González Soto ao Forbe Reconquista, 11º na táboa, e que vén de gañar ao Carnes Doribeiro.
División de Honra Prata Feminina
Siero 28-24 SAR Rodavigo
As asturianas impuxéronse no partido disputado onte, malia que a SAR aguantou co marcador igualado 45 minutos, e mesmo chegou a poñerse por diante, chegando ao descanso cun 11-12 a favor. Mediada a segunda parte encaixaron un parcial de 5-0, e malia que reaccionaron ao final, non houbo tempo para a remontada. As de “Chini”, que aínda non conseguiron sumar ningún punto neste comezo de liga, recibirán ao Vigo, coas rivais situadas na metade da táboa.