Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior experimenta un crecemento histórico na súa poboación impulsado pola pandemia

souto

Os espazos abertos e pouco conxestionados convertéronse en elementos moi demandados tras o confinamento. Mostra diso é o aumento de poboación que os municipios do rural están a vivir estes meses. No caso de Soutomaior a crise sanitaria ten disparado o padrón até o seu máximo histórico, rexistrando 7.599 habitantes, con 263 novas altas dende a fin do confinamento.

Explican dende o Concello que “a correlación directa coa situación epidemiolóxica vese de forma clara na desagregación por meses”. Así, o mes de xuño, tras o fin do confinamento, foi o de maior crecemento con 69 novos empadroados. En xullo, agosto e setembro a cifra situouse en 50, 51 e 43 respectivamente. O pasado mes de outubro foron 27 os novos veciños, catro menos que os rexistrados nos 10 primeiros días de novembro, coincidindo co incremento de casos e o peche perimetral dos grandes núcleos urbanos

A chegada de novos veciños ao municipio, en boa parte familias novas, tamén se ve reflectida no incremento da natalidade. Neste sentido, durante o últimos cinco meses inscribíronse 25 novos nacementos. Unha cifra que contribuirá de forma notable á substitución xeracional no municipio e axudará a evitar un dos grandes problemas da poboación en Galicia, o envellecemento.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, explicou que este aumento responde a varios factores.

“Hai casos nos que os novos rexistros son veciños que xa vivían aquí e que necesitan demostralo para evitar problemas ante as restricións de mobilidade. Pero na súa gran maioría son persoas que abandonan as cidades buscando unha contorna máis sa e seguro”.

Do mesmo xeito, o rexedor mostrouse convencido de que este aumento non será temporal e que a gran maioría destes novos veciños fixarán a súa residencia no municipio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará