A formación nacionalista quere conmemorar o Día Internacional contra a violencia contra as mulleres e, ante as limitacións impostas polo Covid que restrinxe as actividades presenciais optaron por organizar unha charla que retransmitirán a través do seu facebook o venres 20 ás 20:00 horas. Convocan tamén unha concentración na árbores Ginkgo Biloba o sábado 21 ás doce do mediodía na zona do Salgueiral e súmanse a manifestación convocada pola Marcha Mundial das Mulleres o mércores 25N en Vigo.
O coloquio telemático contará coa participación de Ana Isabel Rey e Maika Álvarez, ambas as dúas da Asemblea Feminista Paxaretas e a concelleira do BNG nas Pontes, Silvia Prado. Unha conversa que servirá para falar da abolición da prostitución e que se poderá seguir a través do facebook do BNG o vindeiro venres.