Personalizar a túa roupa, crear deseños de mochilas, máscaras, bolsas… darlle cor ao complementos. Tanto si coses como se non, dende a Asociación de Chapela animan a achegarse o vindeiro luns 23 de novembro en horario de 10:00 a 12:00 horas a un obradoiro de costura creativa que se vai desenvolver de xeito gratuíto no Multiúsos do Piñeiral en Chapela. Compre inscribirse previamente no teléfono 607883585.
Unha iniciativa de balde que serve tamén apra dar a coñecer este curso entre as persoas interesadas, que no caso de querer continuar aprendendo a coser ou perfeccionar as súas habilidades coa costura poderán inscribirse na actividade que ofrece unha hora semanal e ten un custe de 15 euros/mes.