Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Deputación aproba 414.226 euros para a compra da parcela anexa ao Convento de Vilavella

vilavella

A Xunta de Goberno da institución provincial deu este venres luz verde a unha achega de 414.226 € para adquirir a parcela anexa ao convento de Vilavella, na Praza de Ponteareas, que no futuro albergará unha zona de ocio e un aparcadoiro disuasorio.

A compra deste terreo é o primeiro paso para pór en marcha o proxecto de transformación da contorna do convento de Vilavella, que prevé a demolición da nave situada na actualidade ao carón do inmoble para a creación dun espazo dirixido á cidadanía con zonas de esparexemento, ademais da rehabilitación dunha das edificacións que será destinada a usos municipais.

Nesa mesma parcela, crearase un estacionamento disuasorio, que permitirá dispor dun aparcadoiro preto do casco urbano ademais de continuar así, segundo apunta a Deputación “coa transformación iniciada na vila no marco da mobilidade sustentable e recuperación do espazo público para a cidadanía”.

A achega total da Deputación de Pontevedra será de 414.226 euros, que se enmarcan dentro da liña 1 do Plan Concellos 2020.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará