Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior e Redondela homenaxean ao mestre Fernando Rebanal

Homenaje Fernando Rebanal (1)

Acto de homenaxe celebrado no CPR Santiago Apóstolo de Arcade

Tanto o colexio Apóstolo Santiago de Arcade, como o pleno da corporación de Redondela, renderon homenaxe a Fernando Rebanal. Quen fora mestre do colexio de Soutomaior, e tamén concelleiro en Redondela, faleceu recentemente aos 73 anos de idade.

A comunidade educativa do CPR Santiago Apóstolo celebrou un emotivo acto na memoria de Rebanal, profesor do centro durante máis de 40 anos, “unha magnifica persoa e un mestre dos que deixan unha pegada indeleble nos seus alumnos”, sinalaron desde a ANPA. Na homenaxe participaron tamén antigos alumnos, a edil de cultura, Cristina González, e o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, que durante a súa intervención destacou “a dedicación e a implicación persoal de Don Fernando en todos os ámbitos do ensino”. No acto entregouse á dirección do centro unha placa de recordo por parte do presidente da ANPA, Alberto Castro, e o agasallo de toda a comunidade educativa dun ramo de flores a Pablo Rebanal, seu fillo, que actualmente tamén exerce de mestre no centro.

No pleno da corporación de Redondela, celebrado onte de xeito telemático, tamén se lle rendeu homenaxe “a este veciño e mestre moi querido por toda a cidadanía, que ademais foi concelleiro” lembraba a alcaldesa Digna Rivas.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

A voceira do grupo popular, Carmen Amoedo, tivo tamén unhas palabras de homenaxe para o que foi “compañeiro de formación e referente no partido” ao que agradeceu “todo o que fixo por Redondela”

Carmen Amoedo, voceira do PP
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará