Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O novo centro de saúde de Soutomaior situarase diante do instituto

20210322 Convenio colaboración nuevo centro salud (1)

O ambulatorio construirase nunha parcela de 8.000 metros cadrados, dos cales 1.350 destinaranse ao propio edificio e o resto a un estacionamento e outros servizos.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asinaban este luns o convenio de colaboración para a construción do novo centro de saúde de Soutomaior, que se localizará na marxe esquerda da EP-2908, ao carón do centro educativo de secundaria do municipio.

Segundo indica o convenio de colaboración, o Concello deberá dotar con todos os servizos necesarios de saneamento, auga, subministración eléctrica e conexión a internet de banda ancha á parcela, para pola logo a disposición do SERGAS, que se encargará de financiar e levar a cabo a construción.

A Consellería de Sanidade destaca que o novo centro permitirá separar a sala de extraccións da de urxencias, así como a sala de espera de Pediatría da xeral, destinada ao resto de pacientes, ou ampliar a sala de educación maternal. O plan funcional que propuxo a área sanitaria de Pontevedra tamén recolle unha sala de técnicas, unha sala polivalente, e unha de reunións, que “agora mesmo son imposibles no centro actual”. En canto ao incremento do número de médicos, a consellería sinala que o novo centro permitiría “acoller novas consultas de medicina e de enfermaría no caso de aumentar o cadro de persoal” o que, engade, “é probable dado o número de tarxetas sanitarias neste Concello”.

O primeiro paso será a adquisición das 15 parcelas precisas para a construción do centro de saúde. Así, o alcalde de Soutomaior explica que “iniciaranse de inmediato os trámites para adquirir os terreos necesarios mediante a redacción dun plan especial de infraestruturas e dotacións e polos a disposición do SERGAS canto antes”. Os fondos precisos para a compra das parcelas, segundo explican dende o goberno local, xa están previstos nos orzamentos municipais deste ano dentro das actuacións que se financiarán co remanente de tesouraría, o que contribuirá a acelerar o proceso.

Reguera asegura que o novo centro de saúde, que substituirá ao actual de Arcade e ao consultorio de Soutomaior, terá capacidade suficiente para acoller “aos novos médicos que alivien a situación da atención sanitaria no municipio”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará