Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os bateis do C.R. Chapela reinan en Arealonga

BandeiraPodio_o

O club de Chapela foi o líder indiscutible da fin de semana, logo de impoñerse na XXV Bandeira Concello de Redondela disputada onte domingo, e proclamarse tamén campións da Bandeira do Porvir na xornada do sábado. Na proba do domingo os equipos de Chapela fixéronse con catro das dez categorías en competición nunha fermosa xornada de remo con máis dun cento de embarcacións. Cesantes acadou a segunda posición na categoría infantil masculina. Os deportistas do club redondelán xa deixaran mostras da súa calidade o sábado, cando tanto os equipos masculinos como femininos conquistaron a XII Bandeira do Porvir. Fixérono sumando 26 puntos, seguidos de Tirán con 23 e Samertolameu con 22.

O pasado venres, na Bandeira Concello de Vigo, o C.R. Chapela xa fixera un gran papel con 5 medallas, tres delas nas categorías femininas co ouro xuvenil e en absoluto ouro para Arealonga e bronce para Chapela. Nas regatas masculinas foron prata en cadete e bronce en xuvenil. O C.R Cesantes foi prata en infantil. Foron os clubs de Samertolameu e Meira os que se fixeron coas bandeiras nas categorías masculina e feminina respectivamente.

Bandeira Concello de Redondela

Resultados regatas Femininas: Alevín: 1.- Chapela, 3.32:47; 2.- Vila Cangas, 3.37:76; 3.- Tirán, 3.42:19.- Infantil: 1.- Samertolaméu, 5.19:97; 2.- Tirán, 5.22:98; 3.- Mecos, 5.42:30.- Cadetes: 1.- Chapela, 8.06:35; 2.- Robaleira, 8.08:42; 3.- Mecos, 8.12:93.- Xuvenís: 1.- Chapela, 10.23:47; 2.- Chapela mixto-, 10.54:63.- Absolutas: 1.- Chapela, 9,51;71; 2.- Samertolaméu, 9.58:61; 3.- Virxe Guía, 10.01:56.

Resultados regatas Masculinas: Alevín: 1.- Samertolaméu, 2.41:04; 2.- Chapela, 2.42:63; 3.- Mecos, 2.50:53.- Infantís: 1.- Virxe Guía, 4.59:91; 2.- Cesantes, 5.00:47; 3.- Tirán, 5.02:95.- Cadetes: 1.- Samertolaméu, 6.59:85; 2.- Chapela, 7.03:83; 3.- Vilaxoán, 7.07:21.- Xuvenís: 1.- Bueu, 9.33:58; 2.- Chapela, 9.36:54; 3.- Amegrove, 9.38:81.- Absolutos: 1.- Bueu, 9.09:32; 2.- Samertolaméu, 9.12:89; 3.- Mecos, 9.13:42.

Bandeira do Porvir

Resultados regatas Femininas: Alevín: 1.- Chapela, 2.55:70; 2.- Virxe Guía, 3.01:07; 3.- Tirán, 3.11:78.- Infantil: 1.- Samertolaméu, 6.03:71; 2.- Tirán, 6.24:41; 3.- Mecos, 6.41:80.- Cadete: 1.- Mecos, 5.57:83; 2.- Robaleira, 5.59:77; 3-Chapela, 6.04:39.- Xuvenil: 1.- Chapela, 12.54:17.- Absoluto: 1.- Robaleira, 11.03:52; 2.- Chapela, 11.08:84; 3.- Chapela, 11.19:45.

Resultados regatas Masculinas: Alevín: 1.- Samertolaméu, 2.28:51; 2.- Chapela, 2.38:77; 3.- Bueu, 2.44:28.- Infantil: 1.- Virxe Guía, 5.34:05; 2.- Tirán, 5.49:90; 3.- Bueu, 5.53;84.- Cadete: 1.- Vilaxoán, 5.05:24;M 2.,- Samertolaméu, 5.09:71; 3.- Chapela, 5.10:17.- Xuvenil: 1.- Bueu, 10.37:02; 2.- Chapela, 10.37:29; 3.- Amegrove, 10.38:52.- Absoluto: 1.- Tirán, 9.57:31; 2.- Bueu, 10.00:63; 3.- Mecos, 10.06:34.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará