Xa está aberto o prazo de reserva de entradas para o partido do domingo ante o Pontellas
Os equipos redondeláns de Terceira División e Xuvenil de Honra caíron derrotados nesta pasada xornada. O equipo sénior perdeu no Barco e terá que xogarse ante o Pontellas a praza para evitar a fase de permanencia. O conxunto xuvenil que foi superado polo Calasanz comezará a segunda fase a catro puntos da salvación.
Terceira División
Barco 2-0 Choco
Nun encontro con moitas chegadas sen acertos, a primeira oportunidade clara tívoa o conxunto local cun testarazo de Marc Vicente que saíu fóra. Tiveron que esperar até a metade do partido, para porse por diante no marcador. Un tiro de falta de David Álvarez abría o electrónico e situaba ao Barco por diante do Choco. Na segunda parte o equipo redondelán viuse impotente ante o 2-0 que sentenciou o encontro obra de Rodri Alonso. O Choco xogarase o vindeiro domingo no campo de Santa Mariña non meterse na fase pola permanencia. Os de “Gonza” recibe a visita do Pontellas.
Xuvenil División de Honra
Calasanz 2-0 Choco
Mal resultado para o Choco ante un rival directo na loita pola permanencia. Os de Redondela comezarán a segunda fase a catro puntos da salvación. Xogarase unha liga a unha única volta con cinco partidos, e só dous equipos do outro grupo están por baixo deles, o Roces e o Tropezón. Falta saber cando será o sorteo e o inicio da fase.