Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Amplíanse a Semana Santa as visitas aos xardíns do Castelo de Soutomaior

castelo souto

Os itinerarios guiados realizaranse o sábado 3 e domingo 4 de abril ás 12 do mediodía, en grupos reducidos por mor da situación sanitaria.

As portas dos xardíns do Castelo de Sontomaior abríanse no mes de marzo logo de varios meses pechados por mor da pandemia. Ante a boa acollida que tiveron as primeiras visitas, a Deputación de Pontevedra decidiu ampliar á Semana Santa as rutas guiadas para poder contemplar as camelias en plena época de floración.

Este ano o percorrido inclúe como novidade o itinerario “Xardín de Camelia con nome de muller”, un espazo creado en 2020 coa plantación da primeira camelia María Vinyals, á que despois se sumaron variedades como Rosalía de Castro, Bella Otero e Jane Andersen. As visitas tamén teñen unha parada na plantación de té de camelia existente nos xardíns, coa explicación das diferentes variedades de té, a súa historia e os seus principais beneficios.

Ademais, o Castelo de Soutomaior, distinguido co selo Observer de turismo científico, tamén ofrece a posibilidade de participar no xogo “Detectives do Castelo”, unha proposta para o público familiar na que os visitantes deben demostrar as súas habilidades e descubrir os segredos que agocha a fortaleza.

As persoas interesadas poden adquirir as entradas a través do sitio web do Castelo . As visitas están guiadas por persoal especializado e celébranse sábado e domingo a partir das 12 horas, cunha hora e media de duración. O custe é de 1,5 € no caso da tarifa reducida e de 3 € a tarifa normal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará