Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello mellora a accesibilidade da Praza de Santiago

Praza de Santiago (2)

O Concello de Redondela realizou traballos de mellora da accesibilidade na céntrica Praza de Santiago, substituíndo as palmeiras que adobiaban a zona por magnolios e prunas, segundo explicou o concelleiro de Parques e Xardíns, Alberto Álvarez. As raíces das palmeiras estaban provocando o levantamento do pavimento ao non contar con espazo suficiente, polo que unha vez realizado o traslado procedeuse á reparación das áreas danadas. As árbores retiradas foron recolocadas na contorna do skatepark. Estas obras de mellora na praza son un paso previo aos traballos de recuperación da fonte de Santiago, que contan cun orzamento de 10.667 euros subvencionados pola Deputación de Pontevedra. O proxecto, redactado polo arquitecto Luís Gil, realizouse en colaboración co técnico do Servizo de Normalización Lingüística de Redondela. Os traballos encádranse “nun plan integral de recuperación, conservación e posta en valor de todo o patrimonio cultural, histórico e artístico do municipio”. Nesa liña de actuacións o Concello xa levou a cabo a recuperación da Fonte da Raíña, en Cedeira; a rehabilitación do edificio do antigo Conservatorio na rúa Isidoro Queimaliños ou a recuperación do cemiterio de Eidos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará