Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia “a precariedade laboral” no contrato para un avogado do CIM.

JessicaBNG

Desde o pasado mes de novembro, o Centro de Información á Muller (CIM) de Redondela carece de avagado ou avogada, polo que se publicitaron as bases para a súa contratación. A concelleira do BNG, Jéssica García, denuncia que nas bases de contratación “puntúase as horas extras semanais non remuneradas que os candidatos ou candidatas están dispostos a realizar”. O grupo municipal nacionalista considera que desde o goberno local “foméntase a precariedade laboral do persoal que traballa para o Concello”. O servizo de atención xurídica e asesoramento legal préstase desde o CIM en Chapela e Redondela, varios días á. Nas bases da contratación recóllese “que por cada 3 horas semanais que o/a traballador/a desempeñe a súa actividade, recibirá 2 puntos, ata un máximo de 8”. Para García é “un auténtico escándalo” que nunhas bases de contratación dunha administración pública “puntúen a precariedade laboral”. Afirma a edil do BNG que non só é “un ataque frontal aos dereitos dos traballadores”, senón que ademais “precariza un servizo esencial na defensa xurídica das mulleres vítimas de violencias machistas”. Entende García que ante o aumento da demanda da asesoría xurídica “cómpre aumentar o horario de atención a estas veciñas, mais non a costa da precarización laboral”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará