Despedimos a semana con 254 positivos segundo os últimos datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade, nunha semana onde se deixou notar o gromo detectado no CAPD de Chapela (Centro de Atención a persoas con Discapacidade). Con todo, a partir desde sábado día 21 as novas restricións aprobadas pola Xunta permiten aos concellos en nivel alto, entre os que se atopa Redondela, incrementar a súa ocupación nas terrazas xa que o aforo aumenta do 50 ao 75%, mentres que se mantén no 30% no interior. Nos concellos en nivel medio como o de Soutomaior e Pazos de Borbén mantense ao 50% en interior e se sobe ata o 100% nas terrazas.
O obxectivo destes cambios segundo explican dende a Xunta é promover o uso dos espazos ao aire libre onde os contaxios son menos probables. Malia todo insisten en que o uso da máscara segue sendo fundamental.