Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os CIM galegos alzan a voz ante o deterioramento dos dereitos das mulleres en Afganistán

Mother, Daughter, Doll' de Boushra Almutawakel denuncia a situación da muller baixo os rexímenes talibáns
cim afganistan

A vitoria dos talibáns en Afganistán supón un empeoramento da situación da poboación en xeral, pero especialmente para as mulleres, que ven como os seus dereitos no ámbito social e laboral son restrinxidos. ASOCIM, Asociación de profesionais dos CIM (Centro de Información ás Mulleres), pronúnciase sobre os ataques aos dereitos das mulleres en Afganistán e chama a sumarse á cadea feminista na súa defensa.

Recollen as propias denuncias das activistas feministas afgás que alertan sobre o perigo que corren os dereitos das mulleres baixo o réxime talibán lembrando algunhas das normas que se impuxeron no país durante os anos que estivo sometido aos fundamentalistas (desde o 1996 ata o 2001).

Case unha trintena de regras nas que se atopa a prohibición de traballar fóra da casa, estudar, saír sen estar acompañadas do seu mahram —home parente moi próximo como é o pai, un irmán ou o marido—, usar baños públicos, ser atendidas por sanitarios varóns —o que se traduce nun acceso á saúde totalmente precario ao existir un número moi reducido de médicas e enfermeiras—, lavar a roupa en ríos ou prazas públicas, falar con homes que non sexan o seu mahram, participar nos medios de comunicación ou publicar imaxes de mulleres. Así tamén, o uso do burka será obrigatorio e seranlles aplicados fortes castigos (malleiras, lapidación) se non cumpren coa lei Sharía.

Entrevista a Montserrat González, presidenta de ASOCIM
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará