O triunfo das redondeláns en Ribeira permítelles soñar co título que queda pendente do que aconteza na proba desta liga o vindeiro sábado co Trofeo Teresa Herrera de A Coruña. As de Chapela son segundas na xeral a catro puntos de Cabo de Cruz.
A penúltima regata disputábase onte en Aguiño, a I bandeira Concello de Ribeira na que o CR de Chapela lograba facerse coa vitoria nunha xornada na que a tripulación de Cabo de Cruz non tivo o seu mellor día e entraban na meta en terceiro lugar. Un resultado que mantén a Cabo no liderato con 67 puntos, pero Chapela achégase e sitúanse segundas con 63.
O vindeiro sábado na enseada coruñeza do Orzán celébrase a última regata do calendario, unha proba que sen dúbida pelexarán as de Chapela, Cabo de Cruz e Salgado-Perillo, terceiras na xeral aínda que xa moi afectadas da cabeza da competición