Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A policía patrulla a Senda da Auga dentro da campaña “Non camiñas soa”

policamiño

A Policía Nacional a través da Delegación de Participación Cidadá da Comisaría de Vigo-Redondela, atópase patrullando estes días o Camiño de Santiago que percorre o tramo desde Vigo a Redondela, prestando especial atención ás peregrinas que realizan este traxecto sen compañía.

No desenvolvemento da súa actividade atópase entre as súas misións a de garantir a protección e seguridade das persoas que na súa peregrinaxe transitan polo Camiño de Santiago, facendo del un lugar seguro, e a de informar sobre consellos de prevención e seguridade e difundir entre as peregrinas e peregrinos a campaña “Non camiñas soa: camiño de Santiago libre de violencias machistas”.

Unha iniciativa que nace atendendo sobre todo ao incremento de mulleres que deciden realizar o Camiño a Santiago en soidade, moitas delas estranxeiras, as que os axentes informan sobre os recursos públicos creados para a protección das mulleres e as novidade desenvolvidas polo Ministerio de Igualdade.

Esta campaña, deseñada polas Unidades de Coordinación contra a Violencia sobre a Muller das Delegacións de Goberno de Galicia, Aragón, Navarra, A Rioxa e Castela e León, está dirixida ás peregrinas para darlles a coñecer os recursos especificamente postos a disposición das mulleres co fin de previr calquera tipo de violencia.

Inclúen información de teléfonos de emerxencias e Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, así como da aplicación AlertCops, para comunicar en tempo real calquera episodio con envío de localización. Nos cartóns que están a repartir a mulleres, albergues e farmacias con esta información, insérese un código QR que enlaza tamén cunha web de recursos dispoñibles.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará