Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Dores”, historia da represión en Galicia

dores

O que naceu como un traballo fin de curso converteuse nunha curtametraxe documental que recolle a historia dos diferentes campos de concentración que funcionaron en Galicia durante a Guerra Civil e o franquismo. A peza proxectarase hoxe venres nos exteriores do Multiusos de Arcade ás 21:30 horas.

Clara Miñán, guionista e directora de fotografía

Dirixido por catro rapazas entre as que se atopa Clara Miñán, natural do concello de Soutomaior e residente en Alxán, o traballo “é un percorrido pola historia da represión en Galicia e as súas consecuencias” falando entre outros de campos de concentración encubertos como o da Illa de San Simón. Trata sobre algunhas das cuestións que quedan por responder sobre a represión durante a Guerra Civil e os primeiros anos do franquismo.

Un percorrido pola represión en Galicia

Logo de pasar por diferentes festivais e incluso facerse un oco en plataformas tan populares como Filmin, chega a Arcade enmarcada nun acto organizado polo BNG da localidade e a que lle seguirá un coloquio no que participará a propia Miñán xunto coa guionista e produtora Maite Martínez. Contará tamén coa presenza do portavoz municipal do BNG, Manu Lourenzo, o deputado do parlamento galego Luis Bará e a deputada responsable de memoria histórica, María Ortega.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará