Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Inaugurado o “parque wifi” do Multiúsos

espazo multiúsos

Os traballos para a posta en valor da parte traseira do Multiúsos da Xunqueira permitiron crear un espazo público que busca ser un lugar de encontro social, especialmente para a mocidade. Atendendo as demandas deste sector da poboación os bancos contan con puntos de recarga para os móbiles e hai acceso a rede wifi. Na obra investíronse 48.337 euros a través dunha achega do Plan Concellos da Deputación.

As obras desenvolvidas tiñan como obxectivo recuperar e poñer en valor esta contorna do Multiúsos, que ata agora non presentaba un estado de conservación adecuado, malia a que o edificio e a parte que linda co río Alvedosa é zona de reunión tradicional da mocidade do municipio, polo que o Concello buscaba ofrecerlles un espazo mellor acondicionado.

Un investimento que permite crear “un espazo pensado para o disfrute das persoas no centro da vila” en palabras do deputado de Cooperación, Santos Héctor

Santos Héctor, deputado provincial

O elemento protagonista da obra son os bancos que salpican todo o ámbito, que están executados sobre unha base de bloques de formigón e taboleiro cerámico con forma de figuras de tetrix e revestidos completamente con lamas de madeira. Os bancos contan, ademais, con puntos de recarga para dispositivos móbiles e rede WiFi, servizo que a alcaldesa, Digna Rivas, entende era obrigado por tratarse dun espazo orientado principalmente á mocidade.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

A obra comezou pola substitución do anterior solo de xabre por outro piso de pavimento en formigón pulido, configurando así unha rede de camiños. O resto do espazo quedou tapizado con céspede. Todo elo cun deseño accesible, evitando barreiras arquitectónicas. Ademais, mellorouse a iluminación e a recollida de augas pluviais e reparáronse as escaleiras do Multiúsos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará