O pelotón cruzará o concello na penúltima etapa da proba, o vinderio sábado 4 de setembro, visitandos cinco das oito parroquias do municipio. Entrará por Moscoso e continuará por Pazos, Amoedo, Cepeda e finalmente Nespereira. O Concello colocou diversas pancartas nos puntos crave do percorrido cos horarios estimados da chegada do pelotón.
Unha vixésima etapa que partirá da localidade de Sanxenxo e terá un final inédito en todas as edicións da Volta, o alto de segunda categoría de Castro de Herville, en Mos cruzando previamente o concello de Pazos.
Para o alcalde, Andrés Iglesias “a visita da Volta Ciclista é un escaparate inmellorable para dar a coñecer o concello. En España a audiencia e o seguimento é enorme e a retransmisión chega a máis de 200 países” que, tras agradecer á dirección da proba a súa colaboración, engadiu que “ademais é a penúltima etapa, que sempre supón un extra de emoción si as distancias non son moi grandes. Esperemos que todo chegue por decidir e a volta lle brinde un gran espectáculo a todos os veciños”.
Na mesma liña expresouse a tenente alcaldesa, Eloisa Nogueira, que destacou que “a volta supón unha oportunidade para dar visibilidade ao concello como reclamo turístico, o que sen dúbida tamén terá unha repercusión económica”.
Para rematar, o edil de deportes, Fran Amoedo, cualificou a visita da volta ciclista como “un premio para un Concello que sempre está co deporte, e no que, ademais, o ciclismo é unha das disciplinas máis exitosas e que fai que contemos con varios novos campións e campioas entre os nosos veciños”.