A traiñeira feminina de Chapela participará por primeira vez na prestixiosa Bandeira de La Concha tras finalizar na sétima praza na clasificación. Non correron a mesma sorte outras embarcacións galegas como perillo ou Cabo de Cruz, quen malia proclamarse campioa galega non puido facerse un oco na proba donostiarra.
A embarcación de Chapela, segunda clasificada na LG Feminina, foi a gran sorpresa nesa quenda clasificatoria para a bandeira da Concha. Os tres mellores tempos marcáronos as embarcación Arraun Lagunak, Orio e Hondarribia. Tras elas Tolosaldea, Deusto, Hibaika e Chapela gañáronse o dereito a competir durante as dúas próximas fins de semana na principal cita do ano do remo, xunto a Donostiarra, xa clasificada como anfitrioa.