Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Camiñando entre dinosauros no Pavillón da Marisma

dinosauros a tamaño real

Redondela acolle durante a fin de semana dos días 18 e 19 unha exposición interactiva integrada por unha veintena de réplicas de dinosauros. Unha viaxe ao pasado na que nenos e maiores aprenderán como eran, como vivían e ata como se movían estes xigantes prehistóricos.

A exposición interactiva “Discovering Dinosaurs” chega a Redondela esta fin de semana. Incorpora réplicas animatrópicas con movemento real e con son co obxecto de que os visitantes poidan imaxinar o que era camiñar entre estes animais que habitaron a terra.

Co obxecto de garantir todas as medidas sanitarias o percorrido será unidireccional e contarase cun guía para resolver calquera dúbida e facer máis amena a visita explicando que comían, como se chamaban ou cales eran as súas características principais. Tamén se lle entregará a cada neno unha unidade didáctica para facer a visita máis educativa.

Luis Vila, promotor da exposición

Os cativos poderán investigar e converterse en pequenos paleontólogos facendo escavacións nun areeiro no que poderán descubrir fósiles ou retratarse dentro dun ovo de dinosauro.

Pequenos paleontólogos

As entradas, a un prezo de 6 euros infantil e 8 os adultos, pódense retirar no portal ataquilla.com ou directamente no propio pavillón nos días da exposición. Poderá visitarse o sábado de 17:00 a 19:30 hors e o domingo de 11:00 a 13:00 horas e de 167:00 a 19:00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará