Estes diques de pedra instaláronse na saída do río no ano 1926 co obxectivo de dar máis calado e permitir que os barcos chegaran ata o porto, situado antigamente no espazo que agora ocupa a praza de abastos. A actuación, moi vantaxosa no seu momento en termos de navegabilidade, tivo tamén consecuencias negativas ao interromper as mareas, provocar a acumulación de lodos e impedir que a area chegue a praia. A Confraría solicitou unha subvención co obxecto de realizar un completo estudo que permita avaliar os posibles efectos ambientais da retirada deste dique. O proxecto ten un custe 14.196,80€, sendo subvencionado ao 90% polos GALP.
Con este estudo preténdese avaliar os posibles efectos ambientais no caso de acometerse a retirada da escollera. Explican que a construción deste dique, malia ter vantaxes, tamén implicou a modificación forzosa das condicións oceano-fluviais e da dinámica sedimentaria derivada delas, feito que trouxo consigo unha modificación importante do entorno natural, cuxos principais efectos son o incremento de zonas de sombra e chairas lamosas, perda substancial de superficie osixenada e bancos de area, e degradación paulatina da praia de Cesantes e os seus bancos.
Estes procesos son debidos á obstaculización que a escollera ocasiona sobre a oleaxe, correntes de marea e descargas fluviais, axentes encargados da distribución do sedimento. Tamén se pode observar o deterioro de toda a praia de Cesantes a as zonas de explotación que se distribúen por ela.
Este estudo permitará contar cun informe rigorososobre os posibles efectos ambientais dunha posible obra de retirada da escollera, facendo fincapé sobre todo na búsquena e cuantificación de posibles efectos adversos, e levar a cabo a redacción da documentación técnica necesaria para a súa correcta tramitación.
Tratase dun estudo a executar nos vindeiros 5 meses, para cuxa realización os GALP (Grupo de Acción Local Ría de Vigo-A Guarda) achegan unha subvención de 10.559,60€.