O documental “Cesteiros de Mondariz” chega este venres a Redondela na súa xira de presentación, que servirá para dar a coñecer a tradición cesteira de Mondariz e promover o intercambio cultural sobre os oficios artesáns dende a memoria pero cunha decidida visión de futuro. No seu equipo artístico destacan figuras emerxentes do panorama cinematográfico galego, como o director Fon Cortizo e o guionista Alexandre Cancelo. A proxección terá lugar este venres ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira.
“Cesteiros de Mondariz” é un documental que busca recuperar a memoria da cestaría tradicional de Mondariz e presentar un oficio en vías de extinción con visión de futuro. Está financiado polo Concello de Mondariz, a través do programa O Teu Xacobeo 21-22 da Xunta e producido tecnicamente pola compañía EscénaTe.