SAR Plastic Omnium 29 – Balonmán Chapela 31
Foi un partido intenso, como adoitan selo os derbis entre os dous equipos locais. O tempo regulamentario rematou en empate, polo que o campión tivo que decirse na ronda de penaltis, onde dominou o equipo de Chapela.
No encontro recibiu tamén unha homenaxe o redondelán Daniel Virulegio, medalla de bronce coa Selección Junior no pasado Campionato de Europa Sub19. O xogador, formado nas categorías base da SAR, milita actualmente na División de Honra Prata Masculina co Cisne.
División Honra Prata Femenina
Rodríguez Cleba León BM 40 – 19 SAR Rodavigo
O equipo redondelán estreaba liga esta pasada fin de semana ante un dos equipos máis fortes do grupo, o Rodríguez Cleba, que foi moi superior, e os puntos quedaron en León. Este sábado a SAR Rodavigo recibirá na Bombeira ao Salud Tenerife, que tamén comezou a liga con derrota ante o Valladolid. A cita será ás 20.00 horas