Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR comeza a temporada en positivo

SarSalud

Fin de semana con moi bos resultados para o club de balonmán SAR, que sumou unha importante vitoria da División de Honra Prata Feminina ante o Salud Tenerife e un empate no derbi co Carballal de Primeira Nacional Masculina. O encontro do Rodosa Chapela aprazouse.

División Honra Prata Femenina

SAR Rodavigo 47-14 Salud Tenerife

Primeira vitoria da tempada para o equipo que dirixe Verónica Posada. Logo mal comezo de liga en León ante un dos equipos máis fortes da categoría, esta fin de semana compensárono na casa cun amplo marcador fronte ao Balonmán Salud Tenerife. As canarias chegaban a Redondela moi mermadas de efectivos e o conxunto local acadou grandes vantaxes no marcador desde o primeiro momento.

Primeira Nacional

Granitos Ibéricos Carballal 27-27 SAR Plastic Omnium

O equipo redondelán comezou a liga sumando un punto logo dun encontro moi igualado na pista do Carballal. O partido caracterizouse pola alternancia no marcador de ambos os equipos. Cehgaron aos últimos minutos cunha lixeira vantaxe os de Redondela, pero non puideron mantela ata o asubío final.

Rodosa Chapela-Ampate Lanzarote- Aprazado

O encontro queda aprazado ata novo aviso ao non poder desprazarse o equipo canario polo peche do espazo aéreo. Na próxima xornada o conxunto de Chapela visita a pista do Balonmán Lalín.

O presidente da SAR, Aurelio Krook “Lito”, sinala que foi unha gran xornada, onde a canteira da SAR foi tamén protagonista.

Aurelio Krook “Lito”, presidente da SAR

Na próxima fin de semana a SAR Rodavigo repite como local cun interesante derbi galego fronte ao Carballal,mentres o equipo masculino de Nacional recibe ao Carnes do Ribeiro, en busca da primeira vitoria da tempada. O club redondelán quere seguir sumando cun obxectivo claro, o de acadar canto antes a permanencia “e facelo coas xogadoras e xogadores da casa”, sinala Krook

O obxectivo da SAR para esta temporada é o da permanencia

As categorías inferiores son a alma da SAR, e de feito a SAR e o club coa maior canteira de toda Galicia, ao sumar máis de 300 fichas en todas as categorías. Un gran resultado froito do traballo realizado pola directiva e corpo técnico desde hai anos.

A SAR conta coa canteira máis ampla de todo o balonmán galego
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará