Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Roubos bancarios por Internet (Phishing), unha estafa que vai a máis

ciberdelincuentes

Unha mensaxe ao SMS alertando de que na nosa conta bancaria hai movementos inusuais e solicitando que cliquemos nun enlace, unha chamada que se identifica como persoal da nosa entidade bancaria e que nos solicita algún tipo de contrasinal, un correo pedindo información que nos chega dende algún organismo aparentemente oficial. As casuísticas son moitas, pero o resultado é o mesmo: estamos sendo vítimas dunha estafa. É o que se coñece como phishing bancario.

Ante calquera destes supostos o consello é sempre o mesmo: nunca facilitar ningún dato persoal ou clave bancaria, porque ese é o método que empregan os ciberdelincuentes para acceder as nosas contas e levarse os cartos.

Unhas estafas que se están a medrar de xeito exponencial, tal e como apunta o secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López, quen insiste en que a nosa entidade financeira nunca nos vai solicitar ese tipo de información nin por SMS nin por teléfono. No caso de que se nos soliciten eses datos o que temos que facer “é colgar e poñernos nos en contacto coa entidade financeira”.

Miguel López, Unión Consumidores de Galicia

Alerta de que se trata de enganos moi ben elaborados nos que pode caer calquera tipo de persoa “non hai un perfil de vítimas porque a estafa está tan ben elaborada que caen incluso os nativos dixitais”.

Non hai un perfil de vítima

López explica tamén cal é o proceder no caso de que sexamos vítimas destes enganos. O primerio é presentar unha denuncia ante a Policía e a continuación entrar en contacto coa entidade bancaria co obxecto de buscar unha solución. Neste sentido lamenta que non se están a acadar os resultados desexados porque está sendo moi complicado recuperar os cartos, cando a entidade si ten responsabilidade tendo en conta que estas estafas se producen a través de procedementos postos en marcha pola propia entidade como a banca móbil ou a banca electrónica o que demostra que eses sistemas non son completamente seguros.

Responsabilidade das entidades

A Unión de Consumidores de Galicia está traballando para axudar ás persoas afectadas por phishing bancario e ten convocada unha reunión de afectados o vindeiro xoves en Santiago. O obxectivo é buscar algunha vía de acción antes de poñer en marcha actuacións de natureza xudicial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará