Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O IES de Chapela reclama a reposición dun profesor de orientación

ieschapela

Logo de 20 días dende que comezara o cursos, o instituto de Chapela continúa sen ver cuberta a segunda praza de orientación coa que conta o centro desde o curso 19-20. O orientador a substituír, este ano en comisión de servizos, foi reclamado pola dirección do centro ante a Consellería de Educación sen que polo de agora haxa unha resposta en canto a reposición desta praza. A comunidade educativa non descarta poñer en marcha outro tipo de accións no caso de que non se lle dea resposta a súa demanda.

Explican dende o Centro que o instituto conta este ano con 970 alumnas e alumnos, con ensinanzas de ESO-BACH-FP, quendas de diúrno e nocturno e ensino presencial e a distancia. O labor da Orientación no centro ten funcionado de xeito excelente durante estes cursos, sendo crucial na xestión emocional derivada da situación da pandemia, e indispensable para dar resposta ao principio de inclusión educativa nun centro que conta con máis de 100 alumnas e alumnos con necesidades específicas de apoio educativo e que ve minguada deste xeito a súa capacidade de atención á diversidade.

Informado o Consello Escolar e o Claustro de profesorado, a comunidade educativa do IES de Chapela non descarta outro tipo de actuacións de non ver subsanado o recorte que está a sufrir coa perda deste profesor.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará