Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Activa a túa mente”, clases para mellorar a coordinación, a memoria e a concentración

activa a túa mente

Unha iniciativa dirixida a persoas maiores que se desenvolverá no multiúsos da Xunqueira, en Redondela e no multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela. Organiza a Concellería de Servizos Sociais.

As persoas participantes desenvolverán experiencias sensoriais, xogos interactivos e diversas actividades que permitirán reforzar e mellorar a atención, incrementar a agudeza auditiva e visual e previr o deterioro da memoria, “aspectos que contribúen a mellorar a súa calidade de vida”.

A inscrición para as clases, tanto en Chapela como Redondela, está aberto dende hoxe xoves 7 de outubro ata o vindeiro 18 de outubro. Os impresos, que deberán ser presentados debidamente cubertos, pódense retirar nas oficinas do Rexistro Xeral –tanto na Casa do Concello de Redondela como en Chapela– ou na páxina web do Concello.

Para que sexa máis doada a participación dada a alta demanda que ten esta actividade, o multiúsos da Xunqueira, en Redondela, acollerá tres grupos: os mércores de 09.30 h a 10.45 horas; os venres de 09.30 horas a 10.45 h e os venres de 11 h a 12.15 horas. Pola súa banda, o multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela, impartirá as clases os xoves de 10 h a 11.15 horas e de 11.30 h a 12.45 horas.

Á hora de inscribirse, as interesadas e interesados deberán marcar o horario da súa preferencia . No caso de que algún dos horarios no acaden o mínimo de 10 participantes, non se crearía o grupo e as e os as persoas solicitantes serían incluídas na segunda opción marcada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará