Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior pon en marcha a campaña “A túa enerxía conta”

aforro

Unha campaña de sensibilización para fomentar o aforro enerxético tanto no ámbito doméstico como comercial, co obxectivo de proporcionar información dos hábitos de consumo e elaborar recomendacións para promover un aforro enerxético máis eficaz. O mércores 13 instalarase unha carpa en Talo Río e o venres 15 de outubro celebrarase unha charla ás 19:00 horas no Multiúsos de Arcade, no que persoal técnico achegará estas informacións.

No momento actual que vivimos, onde o custe da electricidade aumenta cada xornada e supón un quebradeiro de cabeza na vida cotiá, aplicar medidas de aforro enerxético preséntase como unha opción moi axeitada tanto a nivel económico como de protección do noso medio ambiente.

Para isto, o concello de Soutomaior colocará unha carpa informativa na vindeira feira de Talo Río a celebrar o mércores 13 de outubro. Na mesma, persoal técnico tratará de poñer en valor a importancia de adoptar pequenos xestos que contribúan ó aforro enerxético e entregará material divulgativo sobre consellos que se poden levar a cabo neste sentido. Ademais, entregaráselle unha lámpada de baixo consumo a toda persoa que faga entrega dunha lámpada convencional.

Para toda a veciñanza que non poida acudir a tal evento, o venres 15 de outubro ás 19h, celebrarase no Multiusos de Arcade unha charla formativa na que se abordarán as vantaxes que aporta a adopción de comportamentos de aforro enerxético e na cal se entregará a cada asistente material divulgativo e unha lámpada de baixo consumo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará