Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fulano, Mengano e Citano presentan en Pazos de Borbén “A louca historia de Galicia”

louca historia

O auditorio do Concello de Pazos acolle este venres 5 ás 20:00 horas o último espectáculo teatral do grupo vigués Fulano, Mengano e Citano. Por cuestións de aforo para asistir a esta representación teatral é obrigatorio inscribirse previamente na Biblioteca no teléfono 986 497 273.

Unha actividade de promoción do uso da lingua galega que permitirá ao espectador achegarse a obra “A louca historia de Galicia”, unha divertida sátira “que lonxe de utilizar a Historia para facer humor, válese do humor para contar a Nosa Historia”

Así, ao longo da peza atoparémonos con personaxes tan relevantes como Xulio César, Prisciliano, Martinho de Dumio, Almanzor, Xelmirez, Fonseca, P. Feijoo, Pedro Madruga, Os Irmandiños, os Reis Católicos, Napoleón, Castelao… A rápida transformación dos obxectos de atrezzo, a luz e os elementos do vestiario van guiando ao espectador a través dos momentos mais vibrantes do noso pasado.

Esta actividade está organizada polo Concello de Pazos de Borbén a través da Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística (RDL) dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e é unha proposta cultural coa que se pretende realizar unha nova acción para a promoción do uso da lingua galega no municipio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará