Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sander Teepen e Martien Maas imparten unha Masterclass de Dirección Orquestral no Conservatorio

sender
A Orquestra de Saxos de Redondela organiza as primeiras xornadas masterclass de Dirección Orquestral, do 11 ao 13 de Novembro, baixo a batuta do mestre Sander Teepen e o pianista acompañante Martien Maas. Máis información e inscricións en orquestadesaxos@hotmail.com.

O mestre Sander Teepen dirixiu a Orquestra Filarmónica de Róterdan, a Orquestra de Cámara de Estudantes Holandeses e a Filarmónica do Sur dos Países Baixos, entre outras. Actualmente é director da Radio Filarmónica Orquestra dos Países Baixos, entre outros múltiples proxectos internacionais, sendo un referente e director orquestral dos máis destacados de toda Europa.

Apuntan dende a orquestra que “será unha oportunidade única, dirixida sobre todo a músicos profesionais e directores de todo tipo de formacións musicais como; bandas de música, orquestras clásicas, coros, etc”. As xornadas inclúen unha parte teórica e outra práctica onde todos os participantes poderán aplicar as técnicas de dirección e ensañanzas do mestre Sander Teepen. Para a execución desta parte práctica de dirección orquestral, as xornadas masterclass contarán coa presenza do pianista acompañante Martien Maas e a Orquestra de Saxos de Redondela.

Como peche a estas Masterclass de Dirección Orquestral ,o sábado 13 de Novembro no Multiusos dá Xunqueira realizarase o acto  clausura das mesmas, onde se fará entrega por parte do mestre do correspondente certificado de asistencia  ao mesmo a todos os participantes.

Unha actividade enmarcada dentro do programa de formación continua que organiza a formación redondelá e en colaboración co Concello de Redondela, o Conservatorio Profesional de Música de Redondela, a Xingros Big Band e Musical Pontevedra. Máis información e inscricións en orquestadesaxos@hotmail.com.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará