Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Castelo de Soutomaior pasa a formar parte da Ruta Europea de Xardíns Históricos

xardíns castelo

O Castelo consolídase  así como activo internacional tras recibir a confirmación de que o xardín pasa a formar parte desta ruta europea, segundo informan dende a Deputación de Pontevedra.

A Deputación acaba de recibir a confirmación de que o seu xardín pasa a formar parte da Ruta Europea de Xardíns Históricos, un dos itinerarios certificados polo Consello de Europa co que se pretende recoñecer o valor histórico, artístico e social dos xardíns de países como España, Portugal, Alemaña, Italia, Grecia, Hungría, Polonia ou Xeorxia. Con este recoñecemento consolídase o Castelo de Soutomaior como un activo internacional no ámbito da oferta turística.

Ademais a fortaleza, que aumentou a súa oferta de actividades coas visitas teatralizadas ou actos puntuais como os recentemente realizados en torno a celebración do Samaín, supera xa as 30.000 visitas este ano e contará en breve cun centro de recepción de visitantes, xa licitado, e iluminación monumental.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará