Os goles de Félix e Tomás Abelleira dánlle a vitoria ao equipo redondelán
Terceira División
CD Choco 2-0 Atl. Arnoia
O equipo de Juan Amoedo respira algo máis tranquilo logo da vitoria acadada onte en Santa Mariña que os afasta un pouco máis da zona baixa da táboa. Cos tantos de Félix e de Tomás Abelleira, o conxunto redondelán superou a un Arnoia que non se puido resarcir do tanto temperán de Félix a pase de Juanma Torres. Aínda así poucas foros as ocasións creadas polos dous bloques. Despois do primeiro gol reflectido no marcador o Arnoia adiantou as liñas e desde ese mesmo momento ao equipo choqueiro custoulle propor o seu propio xogo. Pero aínda así, os de Amoedo puxeron ganas para defender un resultado favorable. Despois do tempo de descanso, a situación era a mesma que coa que se chegou ao final da primeira. Ocasións algunhas, como a de Félix no primeiro e segundo tempo, que mesmo fallou a pena máxima, Maceira ou Álex Figueroa que tamén puido ser autores dalgún tanto choqueiros, pero tivo que ser Tomás quen tras saltar ao campo a dez para o final, marcase o segundo gol do partido co tempo regulamentario xa cumprido.
C.D. Choco: David Cortegos (p), Ronald, Chisco, Alberto Suárez, Jorge Maceira, Félix, Álex Pérez, Rancaño, Álex Figueroa, Hugo S e Torres. Tamén xogaron Berni, Chata e Tomás Abelleira.
At. Arnoia: Gándara (P), Civile, Pol, Arbo, César, Rucho, Roca, Brayan, Alfredo, Alberto Branco, Jar. Tamén Xogaron Dani Vázquez, Dacoba e Lamelas
Goles: 1-0 (2′) Félix; 2-0 (90′) Tomás Abelleira
Primeira Galicia
Cuntis 3-0 Arcade
Segunda Galicia
Vilar 2-0 Mos
Soutomaior, xornada descanso
Terceira Galicia
Chapela 3-1 Club Peñasco
FÚTBOL SALA
Terceira Galicia
Campito 1-1 Begonte
Preferente Sur
Teis 1-6 Redondela Maramar
Arealonga 1-5 As Neves
Pazos 4-0 UD Coles