Comeza decembro cunha repunta dos casos activos en Redondela. Os últimos datos comunicados pola Consellería de Sanidade contabilizan 86 persoas infectadas por Covid no noso concello. Unha cifra que supón duplicar practicamente o número de contaxiados que había hai tan só unha semana.
Os positivos por Covid no noso concello non deixan de medrar. Se o xoves pasado esa cifra ascendía a 46, hoxe hai xa 86 contaxiados. Ao longo da semana o número de positivos foi medrando paulatinamente o que fai temer que se manteña esa tendencia de cara aos vindeiros días.
Uns datos que se coñecen canto Galicia roza os 6.000 casos activos, superando o pico da primeira vaga. En total son exactamente 5.973 os casos activos. Por áreas sanitarias a de Vigo está á cabeza con 1.652.
En canto a presión asistencial, esta segue en aumento, xa hai 169 persoas hospitalizadas, 30 en coidados intensivos e 139 en planta.
Ante esta situación que empeora día a día dende Sanidade aconséllase limitar o número de participantes en eventos públicos e sociais durante o Nadal.