O 3 de decembro celébrase o Día Mundial das Persoas con Discapacidade. A asociación Andaina aproveitou a xornada para ler un manifesto no que poñen o foco “nas capacidades, habilidades e destrezas” das persoas con diversidade funcional. Por iso reivindican “a igualdade de oportunidades” implementando as medidas precisas dende as administracións, como sinalaba Antonio García, presidente de Andaina.
Aaron, Laura e Álex foron os encargados de poñer de manifesto as súas necesidades, desexos e preocupacións “que son as mesmas que as das persas sen discapacidades”.
A alcaldesa, Digna Rivas, agradeceu a labor de Andaina, que cumpre dez anos traballando “por unha sociedade máis xusta, inclusiva e diversa” e avogou pola eliminación de todas as barreiras para construír unha sociedade máis inclusiva”.
Desde Andaina lembran tamén que a pandemia provocou un gran illamento das persoas con discapacidade, polo que reclaman máis recursos para combatelo.