Redondela Maramar e S.D.Pazos gañaron os seus respectivos partidos ante Cesures e Baíña, e mantéñense como 1º e 2º clasificado.
Terceira División
Praias de Barreiro-Campito: aprazado
Próxima xornada Campito-Vilalba
Preferente Sur
Cesures FS 3-9 Redondela FS Maramar
Nova vitoria dos redondeláns fóra da casa e cunha contundente goleada. No club salientan ademais a participación de xogadores da base como Antón e Nico “que están a facer un gran traballo”. Anotaron Mario (5), Jorge, Porti, Juan Puertas e Nico. Esta semana o equipo, que segue líder, preparará o encontro na casa ante As Neves, último campión de liga antes do parón pola Covid-19, e actualmente 5º clasificado.
Arealonga 2-8 Valadares
Derrota dos de Chapela ante o conxunto vigués que os deixa na 12º posición da táboa. Na próxima xornada visitarán a difícil pista do Marín Futsal.
Baíña 2-8 S.D. Pazos
Os de Fran Amoedo suman e seguen. Vitoria en Baiona ante un rival directo, o que permite ao equipo manterse invicto no que vai de temporada. Ocupan o 2º posto na táboa, a 1 punto do Redondela e con dous partidos menos. En Baiona os goles foron de Luis (3), Sandro (2), Sergio, Diego e Joni. Os xogadores dedicaron o triunfo ao presidente, Manuel Ferreira, que por motivos de saúde non puido asistir ao partido.