A Audiencia de Vigo acolleu esta mañá a vista de conformidade na que se establece que o condenado E.L.V. terá ademais que abonar preto de 6.000 euros ao Sergas pola atención hospitalaria que recibiu o agredido, quen estivo unha semana ingresado, e outros 5.000 euros en concepto de costas.
Os feitos remóntanse ao ano 2018 cando o suposto agresor tería agredido á vítima, á quen lle propinou numerosos golpes tras unha liorta pola tala dunhas árbores deixándoo mal ferido. O acusado enfrontábase a unha pena de 8 anos de cadea, pero finalmente e tras chegar a un acordo entre as partes e a Fiscalía o condenado aceptou dous anos de cárcere por un delito de tentativa de homicidio. Tívose en contra a circunstancia de reparación do dano, xa que previamente consignou 100.000 euros para indemnizar ao seu veciño polas lesións e danos causados.
O acusado non terá que entrar no cárcere sempre a cando non delinca nun prazo de tres anos, abone o que resta de responsabilidade civil e non se achegue nin se comunique coa vítima nun prazo de cinco anos.
Pola súa banda, o agredido J.F.R. foi sentenciado a unha multa de 720 euros por un delito de lesións, xa que tería pegado cunha vara ao veciño que estaba a cortar as árbores. Deberá tamén abonar 526 euros ao Sergas.