O lume, que se iniciou nunha batería gardada no trasteiro dun dos edificios da zona, tan só causou danos materiais e todo quedou nun susto. Con todo, o despregue de medios alertou aos veciños da zona ao desprazarse ao lugar dous camións de bombeiros, un procedente de Vigo e outro do Baixo Miño.
Na extinción do lume colaboraron axentes da Policía Local quen confirmaron que o incendio provocara moito fume e que fora necesario actuar para airear o edificio, pero que os danos foron exclusivamente materiais.