Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As protestas polo Bacharelato de Artes chegan á rúa

artesconcello

“O 41% do alumnado de 4º de ESO dos institutos de Redondela, Pazos e Soutomaior amosan o seu interese por cursar esta modalidade” así o confirma unha enquisa realizada dende as ANPAs nos institutos da comarca. Uns datos que se escoitaron na concentración celebrada esta tarde noite ás portas do concello e na que ademais de alumnado, profesorado e pais e nais, estaban presentes as diferentes formacións políticas con representación na corporación, agás o PP.

Unha mobilización que supón un acto máis dos que a Federación de ANPAs está a desenvolver dende que se coñecera a intención da Xunta de Galicia de non implantar esta modalidade en Redondela, malia os compromisos acadados meses atrás no Parlamento.

Selene Domínguez, Anpa Curros Enriquez Pazos

Representantes das diferentes Asociacións de Nais e Pais puxeron de manifesto a necesidade de que Redondela conte coas catro modalidades existentes en Bacharelato e acusaron á Consellería de mentir cando argumenta que a nova lei educativa supón un impedimento para implantar as Artes nalgún instituto do Concello. Tamén denunciaron o custe que supón para moitas familias ter que financiar os desprazamentos dos seus fillos a outros concellos limítrofes para poderen cursar esta modalidade.

Vanessa Vázquez, Federacións ANPAs e Alexandre Bóveda

No mesmo sentido manifestábase Estela, alumna de 4º de ESO do IES Mendiño “moitos estudantes teñen que renunciar aos seus soños e cursar estudos que non lles apaixonan porque non poden desprazarse diariamente a outros municipios”.

Estela, Alumna Ies Mendiño

Iria Custodio, en nome do sindicato estudantil Erguer reclamaba a Xunta “que cumpra co acordado que beneficiaría a tantos mozos e mozas de toda a bisbarra”.

Iria Custorio, Erguer

Apoios tamén das diferentes Federacións de Pais e Nais da provincia quen insistían en que “se está a pedir un dereito fundamental dos mozos e mozas a ter un dereito de calidade e crear o seu propio futuro” e lembrou a importancia “do ámbito reservado ás humanidades no futuro mercado laboral”.

“Non aceptaremos, non comprenderemos e non perdoaremos que non se implante o bacharelato de Artes en Redondela”, algo que cualificaban dunha “nova afronta cara o ensino público por parte da Xunta de Galicia”.

Finalmente, pecharon a rolda de intervención os representantes das diferentes organizacións políticas presentes no acto. Manu Lourenzo do BNG lembraba que este mércores a súa formación volverá levar este tema ao Parlamento Galego e garantía que “custe o que custe Redondela acabará tendo o bacharelato de artes” lembrando que “hai un acordo parlamentario que ten que ser respectado”. Pola súa banda o edil de AER e exconcellerio de cultura, Daniel Boullosa lembraba que hai tan só uns meses todos os grupos presentes na corporación municipal apoiaban esta demanda de xeito unánime “algo que agora parece un paripé, cando unha desas forzas  -o PP- desista de que Redondela teña ese bacharelato”. Intervención tamén da Alcaldesa, Digna Rivas, quen criticou da Xunta os argumentos dados para nos implantar este estudos na nosa vila “unha excusa que non ten ningunha validez” e insistiu en que non é de recibo que o cuarto concello da provincia careza de toda a oferta educativa existente en Bacharelato.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará