Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manifestacións por unhas pensións dignas

modepen

O colectivo Modepen, Movemento Galego pola Defensa das Pensións, convoca o vindeiro sábado día 12 unha nova Xornada de Mobilización a nivel estatal con dous obxectivos principais, esixir o IPC real e unhas pensións mínimas dignas. En Galicia as protestas celebraranse en Ribadeo na zona norte e en Cangas, na zona sur, cunha concentración que terá lugar ás 12:00 horas na Praza do Concello.

As organizacións de pensionistas de todo o estado convocan unha nova mobilización conxunta e descentralizada en defensa do sistema público de pensións e contra a nova reforma que, segundo denuncia “pretende recortalo e deterioralo unha vez máis”. As protestas están convocadas para o vindeiro sábado 12 de febreiro.

No manifesto chámase aos pensionistas e a toda a cidadanía, a defender unhas pensións dignas así como o seu carácter público, garantindo que o poder adquisitivo das pensións se revalorice en función do incremento do “IPC real” (o “IPC Acumulado Anual”) tal como se viña facendo antes da reforma de 2011. Neste snetido apunta o presidente de Modepen, Gonzalo Balo, que actualmente e tomando como referenica o IPC medio os pensionistas están perdendo un 3% de poder adquisitivo.

Esixen ademais pensións dignas, é dicir, que non haxa pensións por debaixo do limiar da pobreza, eliminando a fenda de xénero en salarios e pensións e incrementando a pensión mínima até equipararse ao salario mínimo (SMI), e que este se sitúe no 60% do salario medio, como recomenda a Carta Social Europea.

Un colectivo que se suma tamén a peticións que nesta mesma semana teñen recibido especial atención a raíz da campaña “Son maior, non idiota” liderada polo médico xubilado Carlos San Juan. Unha campaña que reuniu 600.000 sinatura e que reclama que as entidades bancarias un trato máis humano aos maiores que viron nos últimos anos como se reduciu ao mínimo a atención presencial. Unha situación que dificulta a realización das xestións bancarias a aquelas persoas que carecen de competencias dixitais ou simplemente non se entenden ben coa tecnoloxía.  En moitos casos, denuncian, isto supón mermar a independencia das persoas maiores

Unhas peticións que parecen xa teñen resposta logo de que algunhas entidades se comprometeran a crear franxas horarias prioritarias para maiores, atención telefónica específica a clientes de máis de 65 anos e modificiación das aplicacións para mellorar a súa accesibilidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará