A área de eventos convoca por segundo ano consecutivo este concurso de escaparates co obxecto de incentivar e premiar os comerciantes que decoran de xeito especial os seus locais co gallo do Entroido. A inscrición debe realizarse no enderezo concursoescaparatesentroido@redondela.gal como data límite o 18 de febreiro.
Establecementos comerciais e todas aqueles que teñan unha vitrina (centro formativos, despacho de oficinas…) poden participar neste concurso que premia aquelas decoracións máis sorprendentes e atractivas con referencias a festa do Entroido. Unha decoración que deberá estar preparada ante do 25 deste mes.
Outorgaranse tres premios que recoñecerán a orixinalidade e innovación, a composición e deseño tradicional e un premio especial do público. Os gañadores recibirá un agasallo corporativo, un diploma e 30 cuñas de publicidade na emisora municipal.