A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén iniciamos a programación cultural-educativa de animación á lectura cunha actividade que terá lugar este venres día 18 de febreiro coa que queren conmemorar o Día Internacional da muller e da nena na ciencia. Nesta ocasión contará cun obradoiro impartido por Uxía Tenreiro López e Marcia Ares do Centro Oceanográfico de Vigo.
“OCEANOTECA” é un obradoiro no que os participantes mediante xogos, contos e manualidades poderán aproximarse ao océano e aos animais que viven nel. Ademais de achegarse información xeral sobre o Centro oceanográfico, os asistente asistirán a representación do conto “A camiseta do capitán”, que permitirá, de xeito lúdico, introducir os alumnos nas campañas de investigación que leva a cabo esta institución. Finalizado o conto os participantes realizarán a través da papiroflexia o buque oceanográfico Ángeles Alvariño.
A actividade rematará coa representación do conto “O peixe Arcodavella”.
Participarán os escolares de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os da Escola de Educación Infantil “A Galeriña” de Nespereira e realizarase en tres sesións:
De 09:45 a 10:45 horas no Auditorio do Concello asistirá o alumnado de Infantil do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.
De 11:00 a 12:00 horas tamén no Auditorio do Concello asistirá o alumnado de 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.
De 12:45 a 13:45 horas na EEI “A Galeriña” de Nespereira asistirá o alumnado desta escola infantil.