Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Actos para conmemorar o Día de Rosalía en Redondela

alameda chapela

O acto institucional terá lugar na Alamede de Chapela mañá mércores, día do nacemento da ilustre escritora. O Concello, a través do Servizo de Normalización Lingüística, involucra nesta celebración ao alumnado dos centros escolares que realizarán murais alegóricos nos que dar renda solta á súa creatividade

Redondela desenvolve, durante esta semana, diversas actividades encamiñadas a celebrar a data de nacemento de Rosalía de Castro, figura clave das letras galegas, e que terán o seu cumio no acto institucional a celebrar o día 23 de febreiro, mércores, na Alameda Rosalía de Castro de Chapela, onde terá lugar unha ofrenda floral no monumento que lembra a ilustre poetisa e novelista que, xunto a Eduardo Pondal e Curros Enríquez, é unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento Galego.

Entre outras actividades ao longo da semana o alumnado dos centros escolares participa coa elaboración de flores con diferente material e pétalos con poemas, frases ou mesmo debuxos alegóricos a Rosalía. Eses colaxes serán expostos en cada colexio o día 23 de febreiro.

A maiores, os centros escolares repartirán, para o seu uso nos comedores, manteis conmemorativos doados pola Deputación de Pontevedra nos que, baixo o título Caldo de Gloria, lembran o poema ‘Miña casiña, meu lar’ de Follas novas e que, amais do propio poema, ten unha lenda explicativa sobre o mesmo e que da sentido a unha das súas partes: Fixen un caldo de gloria / que me soupo que la mar, fixen un bolo de pote / que era cousa de envidiar.

Así mesmo e por segundo ano, o Concello manterá a iniciativa Agasalla un libro e unha flor posta en marcha o pasado ano polo Servizo de Normalización Lingüística, facéndose eco dunha proposta da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG).

A alcaldesa, Digna Rivas, lembraba que esta proposta “que tivo o pasado ano un notable éxito de participación da veciñanza”, contribúe non só a dinamizar a dous sectores comerciais de Redondela como as florerías e as librerías senón tamén para lembrar unha data significativa “non só para as letras galegas, senón para a propia Galicia xa que a figura de Rosalía va máis aló do plano puramente cultural, para converterse nun símbolo da propia identidade de Galicia como pobo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará