Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Igualdade organiza as II Xornadas de Muller e Igualdade «Gemma Pereira Otero»

día da muller

As xornadas, postas en marcha o pasado ano polo departamento que xestionaba a alcaldesa Digna Rivas, busca poñer en valor o papel da muller na sociedade. Nesta segunda edición, as xornadas alongan o seu programa distribuíndoo en dous días, o venres 11 de marzo e o sábado 12 de marzo, datas nas que se porán sobre a mesa de debate temas como o a autoxestión e o liderazgo feminino e o papel dos medios de comunicación fronte á lacra social que é a violencia machista.

A Concellería de Igualdade do Concello de Redondela, dirixida por Iria Vilaboa, vén de dar a coñecer o programa das que serán as II Xornadas de Muller e Igualdade «Gemma Pereira Otero», unha iniciativa que busca poñer sobre a mesa de debate todos aqueles temas que poñan en valor o papel da muller na sociedade e a súa loita por acadar unha igualdade real como único camiño para conseguir unha sociedade máis xusta.

As xornadas abriranse o venres 11 de marzo na Casa da Cultura onde, de 19 h a 21 horas, desenvolverase obradoiro 10 claves para emprender. Liderazgo feminino e autoxestión que correrá a cargo de Patricia Rodríguez, coach, mentora, especialista en actividades de team-building e Heidi Vander Biest, coach ontolóxico, mentora e especialista en PNL e intelixencia emocional.

As persoas interesadas poden inscribirse para este obradoiro, de xeito totalmente gratuíto, no enderezo de correo electrónico felizmente.coach@gmail.com.

Ao día seguinte, sábado 12 de marzo, o Multiúsos da Xunqueira acollerá, entre as 10 h e as 14.30 horas outro obradoiro baixo o título Os medios de comunicación como axentes de cambio fronte á violencia machista que será impartido por Joshua Alonso Mateo, Promotor de Igualdade de Oportunidades e orfo da violencia machista e Patricia Costa, xornalista, presentadora do programa Tolerancia Cero en Radio 5 e gañadora da primeira edición do ‘Premio Sesé Mateo de Ética Xornalistica’. A inscrición pode realizarse no enderezo de correo electrónico proyectoinformadxs@gmail.com.

Para unha maior facilidade á hora de inscribirse, no díptico das xornadas ámbolos dous obradoiros contan don senllos códigos QR que, a través dos dispositivos móbiles, abren directamente o formulario de inscrición.

A alcaldesa Digna Rivas quen chamou a atención “sobre o éxito de participación” da primeira edición destas xornadas, salientou a importancia de darlle continuidade a unha iniciativa que sirve para poñer o foco de atención “sobre o papel da muller na sociedade” e a importancia que ten a igualdade “para acadar unha sociedade máis xusta”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará